Olas. Certo é que o espectáculo do mar cando está embravecido é algo digno de ser contemplado, pero toda esa beleza é terrorificamente perigosa, por iso non me deixa de sorprender a inconsciencia de moitos curiosos que se achegan máis do debido. Tristemente este temporal xa se levou a vida dun cativo. Na imaxe unha curiosa fotografía unha ola en Muxía.