Terrorismo Forestal. Moitas veces téñome enfrontado a situacións complicadas traballando na cobertura dos lumes, pero nunca fora tan desolador o resultado de esa loita desigual entre o lume e a xente que tenta protexer a súa vida. Estes días saíu a palabra terrorismo forestal a pasear por faladoiros e páxinas de moitos diarios, e non pensedes que non teñen parte de razón. Terrorismo ambiental é aquel que abandona o campo, que permite infestar o monte (e en moitos casos labradío) de eucaliptos, que non fai xestión algunha da foresta no inverno e que monta un negocio coa extinción. Na imaxe unha veciña na entrada da súa vivenda arrasada polo lume en Moces, Melón (Ourense)

https://politica.elpais.com/politica/2017/10/18/actualidad/1508321472_394523.html