E ala van quince anos. 15 anos aprendendo, 15 anos facendo fotos, 15 anos coñecendo miles de historias, 15 anos compartindo redacción con moitísima xente, 15 anos compoñendo, 15 anos disparando, 15 anos pelexando por seguir en pé nun oficio inxustamente tratado, 15 anos de profesión. 15 anos dende que un triste día afundiu un barco, e decidín coller unha cámara para fotografar o que estaba pasando, e que sen sabelo marcaría a miña vida xa para sempre. 15 anos da traxedia do Prestige. 15 anos para berrar NUNCA MAIS. Na imaxe un voluntario descansa tras limpar unha praia de Muxía durante a catástrofe do Prestige.