The Best Bank of the World. Esa é a lenda  que reza no respaldo do banco de Loiba, unha lenda coa que un veciño colocou o banco no mapa, tras ser recoñecida internacionalmente a beleza do lugar através da imaxe que tomou o fotógrafo Dani Caxete, distinguida co premio “Earth and Sky Photo Contest on Dark Skies”. Unha paisaxe espectacular nos acantilados de Ortigueira que coñecín este verán nunha reportaxe da man de Anxo Lugilde para La Vanguardia. Na imaxe unha parella no banco de Loiba.

http://www.lavanguardia.com/vida/20150906/54435132074/banco-mas-bonito-mundo.html