Categoría
FOTO
Etiquetas
photo
Os Saharauis conta o muro

No anoitecer do 14 de outubro, as milicias saharauís atacaron desde dúas posicións na rexión de Mahbes. Nesa zona, o 83% das 1.099 accións militares acreditadas pola Misión das Nacións Unidas para o referendo no Sáhara Occidental (Minurso) tiveron lugar dende o 13 de novembro de 2020 ata o 31 de agosto de 2021. Desde o primeiro enclave lanzáronse desde un tubo fixo dous foguetes balísticos -sen cabeza intelixente- de orixe soviética. Un forte zumbido anunciou a súa saída. O segundo ataque levouse a cabo con canóns de 24 milímetros desde un lugar máis próximo a un dos seis muros minados que separan a zona de territorio controlada por Marrocos -o 80% do Sáhara Occidental- da chamada “zona liberada”, a franxa de territorio dominada pola Fronte Polisario.

 

Coordinación Alejandra Agudo