Categoría
FOTO
Etiquetas
photo
Os amos da coca

Mentres barcos cheos de haxix cruzan o Estreito, no norte, en Galicia, seguen descargando outras planeadoras cargadas de cocaína. Despois dos excesos dos anos 90, os galegos aprenderon a fuxir dos focos. En silencio, desde as Rías Baixas opera un imperio do transporte de coca, que nos últimos anos se estendeu por diversos portos europeos, África e o leste do Mediterráneo.A maioría dos sospeitosos habituais de narcotráfico viven no Salnés. Teñen en quen inspirarse: de aí son Sito Miñanco, Manuel Charlín, ou Laureano Oubiña. Alí estaban as mansións dos máis grandes narcotraficantes galegos, aínda que é certo que as cousas xa non son como nos anos noventa, cando os narcotraficantes percorrían as rúas das localidades do Salnés en Porsche ou Ferrari. Agora tentan pasar desapercibidos, pero o negocio ilícito continúa.

 

Coordinación Gorka Lejarcegui, Texto Tomás Bárbulo