Categoría
FOTO
Etiquetas
photo
Prohibido mariscar de todo

Por toda a costa galega pódense ver carteles cunha advertencia escrita nun vermello vivo: prohibido mariscar de todo. É un aviso aos amigos do alleo, que ven no marisco que nace e se cultiva na costa galega un manxar que pode complementar un prato para un turista despistado ou que pode constituír un negocio fóra da lei e dos controis sanitarios para un furtivo. Sexa como for, o aviso protexe o ansiado marisco que as marisqueiras e os marisqueiros plantan e recollen durante todo o ano para que cheguen a tempo ás nosas mesas.

 

Coordinación Óscar Corral