Un proxecto de MSF na capital de Mozambique proporciona metadona e produtos básicos inxectabeis para combater o consumo de heroína e a transmisión de enfermidades contaxiosas entre os colectivos atrapados nas drogas dos barrios máis desfavorecidos do país. En Mafalala, un dos barrios máis humildes de Maputo (Mozambique), o consumo de drogas leva cinco anos en aumento. A heroína e o crack son os máis consumidos, e os usuarios enfróntanse a danos adicionais, principalmente a propagación de enfermidades como o VIH, a sífilis e a hepatite B e C derivadas do uso compartido de xeringas.
Coordinación Lola Hierro