Peligro veneno. Impresiona sentir como mentres tomas fotos na zona, de vez en cando ven un certo cheiro a un coñecido pesticida que se empregaba cando era neno. Na imaxe un veciño pasa diante dunha pintada no polígono construído nun antigo vertedeiro de lindano de Porriño.https://elpais.com/elpais/2018/03/03/album/1520094399_483742.html

E ala van quince anos. 15 anos aprendendo, 15 anos facendo fotos, 15 anos coñecendo miles de historias, 15 anos compartindo redacción con moitísima xente, 15 anos compoñendo, 15 anos disparando, 15 anos pelexando por seguir en pé nun oficio inxustamente tratado, 15 anos de profesión. 15 anos dende que un triste día afundiu un… Read More

Terrorismo Forestal. Moitas veces téñome enfrontado a situacións complicadas traballando na cobertura dos lumes, pero nunca fora tan desolador o resultado de esa loita desigual entre o lume e a xente que tenta protexer a súa vida. Estes días saíu a palabra terrorismo forestal a pasear por faladoiros e páxinas de moitos diarios, e non… Read More

Baión. Todos temos no noso recordo a historia do Pazo. Ese símbolo do narcotráfico en Galicia. Cando Martina Miser retratou a Carmen Avendaño entrando no Pazo, estaba facendo unha de esas fotos históricas que perdura na memoria colectiva, como peche a unha época escura en Galicia, e por iso mesmo tentei inspirarme nela cando tiven… Read More

Brétema. As cousas moitas veces distan moito do que a un lle gustaría. A vida é un camiño longo, no que por veces esténdese nubes tan densas que non deixan albiscar o horizonte. Agardemos pronto se disipen e volte a lucir o sol. Na imaxe o parque eólico na serra do Xistral entre brétema.

Semana Santa. Non son precisamente unha persoa relixiosa, pero teño que recoñecer que todo o mundo da fe atráeme especialmente dende unha curiosidade simplemente fotográfica. Todo ese mundo de devoción crea imaxes nas que me gusta atraparme. Esta semana santa observei moito mais de preto a semana santa de Compostela, e descubrín moitas cousas que… Read More

Entroido. Un ano mais atopámonos ás portas do entroido. E esta época lévame a terras do interior do país. Nestes días puiden gozar e sentir un pouco máis dende dentro o arraigo e o sentimento das xentes que fan posible que estas tradicións tan antigas sigan vivas. Gracias o Peliqueiro Marcos e os Cigarróns irmáns… Read More

Temporal. Pasamos dunha situación de seca a un forte temporal que afecta a todo o país. Desta volta tocou mollarse. Na imaxe unha torreta de alta tensión no alto da serra do Candán

Seca. Non era a primeira vez que me achegaba o embalse de Portomarín para retratar a aparición do antigo pobo anegado polas aguas, tras a seca do verán. Pero nunca tivera que achegarme en pleno inverno. A paisaxe que me atopei era desoladora, e así intentei amosalo coa miña cámara. Na imaxe a seca en… Read More

Escano. A morte de Fidel Castro arrastroume novamente cara a terra de Láncara. Non era a primeira vez que caía nesa pequena aldea de Lugo, xa tiven varias veces a ocasión de conversar con Victoria Castro, prima carnal do mandatario cubano, pero o que nunca fixera fora entrar nas ruínas de esa humilde estancia (como… Read More