O señor Sande, a súa muller Zeria e os seus oito fillos reciben a visita dun equipo de científicos. Sen saber moito de ciencia nin de medicina, este labrego aceptou asistirlles porque o asunto que se ocupa lle interesa moito: vanlle falar dunha nova forma de controlar a malaria, unha enfermidade que cada ano ataca á súa familia e á súa comunidade. Sande aínda non o sabe, pero é unha das primeiras persoas en ser informada sobre o ambicioso Proxecto Bohemia, polas suas siglas en inglés de Broad One Health Endectocide-based Malaria Intervention in Africa. Trátase dun ensaio clínico liderado polo Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal). O obxectivo é demostrar a eficacia da ivermectina, un fármaco moi utilizado polas súas propiedades antiparasitarias, para reducir a incidencia desta enfermidade endémica que aínda padecen 200 millóns de persoas cada ano, a maioría na África subsahariana.