Pasou unha semana dende o inicio dunha cadea de lumes sen precedentes. En Galicia, unha lamentable combinación de altísimas temperaturas e tormentas con material eléctrico desatou as primeiras faíscas no verán de 2023. Atopámonos unha vez máis coa letal conxunción dos 3 trintas. Mais de 30 graos, menos dun 30% de humidade e ventos superiores a 30 nos, e como consecuencia o país sucumbiu unha vez mais a incendios incontrolados. É unha historia que se repite ano tras ano desde que o rural foi abandonado e as especies pirófitas ocupan unha maior área do monte galego. Imaxes tomadas en distintos lumes forestais entre 2003 e 2023.