Covid xurde da necesidade de crear un testemuño visual da crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19. As imaxes crean unha memoria visual do estado de alarma, que obrigou a confinar á poboación, mudando radicalmente a sociedade. O resultado e a suma de distintas imaxes, cos matices e arestas propias das distintas fases da incidencia do coronavirus en Galicia. Unha ferramenta para amosar e poñer en valor o traballo dos fotoxornalistas, declarados traballadores esenciais na pandemia.