Os rapaces xogan ao fútbol nun campo aberto situado entre un bosque, unha vía do tren e un barrio residencial. Pasan a pelota en círculo, intentan facer malabares, rin. Podería ser a imaxe dun grupo de amigos que se reuniron un sábado ao mediodía e están a gozar dun día de lecer.
Non é o que parece. No campo e no bosque hai tendas precarias. Son as casas dos inmigrantes africanos que, nun terreo de ninguén nos arredores da cidade portuaria de Calais, agardan a oportunidade de percorrer os 40 quilómetros que separan neste punto da Canle da Mancha, a costa francesa da costa británica.