Category Uncategorised

Orquestra. Entre outras moitas cousas, este pasado verán tiven a oportunidade de acompañar nun “bolo” a París de Noia. Toda unha noite fotografando ese fenómeno que son as orquestras en Galicia. Na imaxe as vocalistas preparándose no camerino momentos antes de saír a escena. http://elpais.com/elpais/2015/08/12/album/1439376236_446215.html#1439376236_446215_1439376350

Festas. Arquivando fotos do ano pasado atópome coas festas do Apóstolo 2015. Unhas festas que puiden vivir como expectador de excepción coa cobertura gráfica das mesmas. Foi todo un pracer. Grandes momentos. Na imaxe os fogos do Apóstolo.

Angrois. Un ano mais regresamos o lugar da traxedia. Xa é obrigado pasar por alí no aniversario, pero estos dias tocou regresar por algo bo. Xa case están rematadas as obras do parque infantil que sacará os cativos da zona exterior da curva da Grandeira. Non foi sen tempo. Na imaxe un ramo de flores… Read More

Porta Santa. Fai uns cinco anos asistín o peche da Porta Santa da catedral de Santiago, remataba o ano santo e non habría outro ata 2021. Nese momento pensei; estarei aquí coa miña cámara para retratar novamente cando se volte a abrir? Pois ben, o final por decreto do Papa Francisco non terei que agardar… Read More

Leite. Durante semanas asistimos a unhas mobilizacións do sector do leite como as que lembraba de cativo. Tractoradas e moita leite vertida para pelexar por un sector estratéxico no noso país. Escoitei lerias e lerias sobre o problema e as posibles solucións, pero eu teño a miña propia; non mercar leite a prezos por baixo… Read More

Horizonte. Corren novos tempos na miña vida, tanto no laboral como no persoal. Nin que dicir ten que na parte persoal son moi feliz, inmensamente feliz co tempo que estou a vivir, mais no laboral toca enfrontarse a un horizonte novo, con novos retos dende unha nova barreira que tratarei de defender para gañarme por… Read More

Semana Santa. Poucas cousas hai tan gráficas como a relixión. Todo o que rodea o mundo da fe atrae os obxectivos das cámara como o azucre as formigas, e cando a devoción sae as rúas da cidade fórmanse imaxes únicas. Na imaxe una procesión en Compostela.

A Hora do Planeta. Hoxe dende as 20:30 ás 21:30 será a hora do planeta, a maior campaña global de mobilización e loita contra o cambio climático. Nesa hora podemos ver como os principais monumentos de todo o mundo quedan sen iluminación, pero calquera pode sumarse apagando as luces durante unha hora. Na imaxe a… Read More

Queremos Galego. Baixo este lema un ano mais voltáronse concentrar na compostelán praza da Quintana mais de 20.000 persoas para protestar pola política lingüística que leva a unha continua perda de galego-falantes. Sen lingua non hai pobo. Na imaxe un momento da manifestación. http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/02/08/galicia/1423414952_312284.html

O Electricista. Xa vai tempo dende que Castiñeiras roubara o Códice, e non e esta a primeira vez que teño que fotografar o ladrón confeso do manuscrito, pero a pesar dos case tres  anos que pasaron dende que se atopou, Castiñeiras segue igual de impasible. O editar as fotos de hoxe tiven a sensación de… Read More