Category Uncategorised

Campaña. Rematamos una ano electoralmente intenso, que me levou por todos os recunchos do país perseguindo a uns candidatos que nos observan ollandonos dende calquera farol, valla ou parede que imaxines. Na imaxe unha vivenda de Vilalba con cartelería electoral.

Vergoña. Vergoña é o que me produce a reacción dos que atopan algo indecente nesta imaxe. Vergoña é a súa reacción, e non o espectáculo. Pódeche gustar ou non, pero descualificalo como fixeron algunhas mentes retrogradas para ser empregado como arma política si que é indecente. Mentes miopes doutro tempo. Na imaxe unha muller espida… Read More

Galicia en Foco 2015. O 2015 foi un ano complicado, porque nel asumimos o peche da paxinación galega que tiñamos en El País, para dar cobertura da actualidade galega. Foron moitos compañeiros afectados, pero eu tiven a sorte de poder seguir traballando na mesma cabeceira para dar unha información mais xeral do que acontece no… Read More

Castrillo de los Polvazales. Tras un tráxico suceso no camiño de Santiago, o seu paso por terras de Astorga, fíxome coñecer un dos pobos mais singulares da comarca. Un lugar conxelado no tempo, onde o ritmo dos peregrinos que cruzan as súas empedradas rúas marcan o seu carácter. E aínda que o itinerario oficial non… Read More

Asunta. O tribunal superior de xustiza ven de ratificar a condena a Rosario Porto e Alfonso Basterra. Con esta sentenza poñemos un punto e final na cobertura de tan mediática historia, a que tantas horas lle teño dedicado primeiro en Teo, despois en Santiago para finalmente acabar en Coruña. Na imaxe Rosario Porto e Alfonso… Read More

Cualedro. Este pasado verán, como todos os anos, tocou poñer o mono e sair a fotografar os lumes forestais que afogan o noso país. Desta volta un dos máis grandes nos que traballei foi en Cualedro, un GIF que arrasou monte baixo e chegou ao pé de moitos núcleos de poboación. A noite foi intensa… Read More

Olas. Certo é que o espectáculo do mar cando está embravecido é algo digno de ser contemplado, pero toda esa beleza é terrorificamente perigosa, por iso non me deixa de sorprender a inconsciencia de moitos curiosos que se achegan máis do debido. Tristemente este temporal xa se levou a vida dun cativo. Na imaxe unha… Read More

The Best Bank of the World. Esa é a lenda  que reza no respaldo do banco de Loiba, unha lenda coa que un veciño colocou o banco no mapa, tras ser recoñecida internacionalmente a beleza do lugar através da imaxe que tomou o fotógrafo Dani Caxete, distinguida co premio “Earth and Sky Photo Contest on… Read More

Ence. Estes días tiven o pracer de coñecer a Dolores Rosales, unha exmariscadora do areal de Praceres, memoria viva das protestas e loitas en contra da ubicación de Ence na ría de Pontevedra. Agora coñecemos que a papelera non marchará da ria por 60 anos mais. Na imaxe Dolores no areal de Praceres (Pontevedra)http://politica.elpais.com/politica/2016/01/26/actualidad/1453809105_353311.html

Auga. Mucha agua teneis los gallegos! -Escoitei eu estos días de chuvia continua a uns jodechinchos. E certo é que a hai, pero para tela temos que primeiro sufrila, cen borrascas constantes. Benvida sexa. Na imaxe a festa da auga de Vilagarcía na súa última edición.