Castrillo de los Polvazales. Tras un tráxico suceso no camiño de Santiago, o seu paso por terras de Astorga, fíxome coñecer un dos pobos mais singulares da comarca. Un lugar conxelado no tempo, onde o ritmo dos peregrinos que cruzan as súas empedradas rúas marcan o seu carácter. E aínda que o itinerario oficial non discorre polo lugar, son moitos os que deciden andar un chisco mais para cruzar Castrillo de los Polvazales. Pois iso mesmo deveu pensar Denise, que ben merecía a pena desviarse para coñecelo, antes de atopala morte. Na imaxe unha peregrina en Cas trillo.