Galicia en Foco 2015. O 2015 foi un ano complicado, porque nel asumimos o peche da paxinación galega que tiñamos en El País, para dar cobertura da actualidade galega. Foron moitos compañeiros afectados, pero eu tiven a sorte de poder seguir traballando na mesma cabeceira para dar unha información mais xeral do que acontece no país. Recoñezo que o comezo non era moi alentador, e un certo desanimo ocupaba o pequeno retén informativo que conformamos hoxe El País Galicia. Por iso a distinción que veño de recibir por unha imaxe tomada o ano pasado, como a imaxe do ano segundo o certame “Galicia en Foco” na súa 25 edición, é un premio que quero compartir cos meus compañeiros, Sonia, Cristina, Elisa, David e Silvia, quen fixo este bonito análise sobre a miña imaxe no seguinte artigo que vos enlazo. Gracias a todos os que me felicitachedes.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/07/01/galicia/1467395955_968865.html

http://elpais.com/elpais/2015/09/08/album/1441735173_268677.html#1441735173_268677_1441735354