Escano. A morte de Fidel Castro arrastroume novamente cara a terra de Láncara. Non era a primeira vez que caía nesa pequena aldea de Lugo, xa tiven varias veces a ocasión de conversar con Victoria Castro, prima carnal do mandatario cubano, pero o que nunca fixera fora entrar nas ruínas de esa humilde estancia (como foi definida polo propio Fidel) e observar o escano onde sentou o comandante lembrando o seu pai naquela histórica visita do 92 a Galicia. As crónicas do momento recollen que estivo máis de media hora el só sentado no banco, e que saíu da casa visiblemente emocionado. Na imaxe o escano da casa natal do pai de Fidel Castro.