Entroido. Un ano mais atopámonos ás portas do entroido. E esta época lévame a terras do interior do país. Nestes días puiden gozar e sentir un pouco máis dende dentro o arraigo e o sentimento das xentes que fan posible que estas tradicións tan antigas sigan vivas. Gracias o Peliqueiro Marcos e os Cigarróns irmáns Rosas por deixarme velo e fotografalo. Na imaxe unha careta de Peliqueiro a medio facer.