Semana Santa. Non son precisamente unha persoa relixiosa, pero teño que recoñecer que todo o mundo da fe atráeme especialmente dende unha curiosidade simplemente fotográfica. Todo ese mundo de devoción crea imaxes nas que me gusta atraparme. Esta semana santa observei moito mais de preto a semana santa de Compostela, e descubrín moitas cousas que descoñecía que pasaban na miña cidade. Na imaxe un nazareno levanta a cruz que arrastrará na procesión dos caladiños.