Baión. Todos temos no noso recordo a historia do Pazo. Ese símbolo do narcotráfico en Galicia. Cando Martina Miser retratou a Carmen Avendaño entrando no Pazo, estaba facendo unha de esas fotos históricas que perdura na memoria colectiva, como peche a unha época escura en Galicia, e por iso mesmo tentei inspirarme nela cando tiven a oportunidade de retratar a Laureano Oubiña no que fora o seu Pazo. Na imaxe Laureno Oubiña abrindo unha das portas do Pazo Baión.